Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións para o mantemento de taxis adaptados a persoas con discapacidade

En que consiste?:

Axudas económicas individuais, persoais e intransferibles que se conceden a titulares dun taxi adaptado para o transporte de clientes con mobilidade reducida ou discapacidade, cuxa finalidade é o mantemento e compensación de gastos polos equipos adaptados nos taxis.

A quen vai dirixido?:

Persoas titulares dun taxi adaptado para o transporte de clientes con mobilidade reducida ou con discapacidade, no municipio da Coruña.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Copia cotexada da licenza de taxista.
  • Certificación dos datos bancarios do solicitante, na que se inclúa o nome ou denominación social, CIF ou NIF e o número de conta bancaria (en formato IBAN).
  • Facturas ou documentos acreditativos do pagamento dos gastos subvencionables do vehículo adaptado .
  • Declaración responsable de non estar incluído en ningún dos supostos de prohibición aos que se refire o artigo 13 da Lei xeral de Subvencións.
  • Certificación doutras subvencións solicitadas e das que lle foron concedidas para a mesma actividade ou proxecto obxecto da solicitude de subvención, procedente de calquera Administración, ente público ou privado, nacional ou internacional.

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión