Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa.
A través da tarxeta bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos por empregar o servizo público de transporte urbano.
Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para renovala
REQUISITOS:
Requisitos:
Documentación:
Esta tarxeta ten unha validez indefinida a partir do momento da concesión, ata que o/a menor cumpra trece anos, sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.
Roubo, perda ou deterioración:
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:
É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).
En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible