Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium para persoas xubiladas

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

Tarxeta de autobús para Xubilado/a coa que os seus beneficiarios e as súas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.

Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede Electrónica ou de forma presencial.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para renovala.

REQUISITOS:

  • Ter a idade de xubilación (no caso de non alcanzar a idade de xubilación o/a solicitante ou o/a seu/súa cónxuxe tramitaríase como perfil pensionista, sempre que teña pensión)
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos que non superen en máis do 30 % o S.M.I. 1.235 €/mes = 17.290 €/ano por membro da unidade familiar (considéranse membros da unidade familiar cónxuxe, fillos/as menores ao seu cargo e fillos/as con incapacidade ao seu cargo).

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou descargándoo na páxina web)
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou descargándoo na páxina web)
  • Declaración Responsable _ Xubilado  de cumprir os requisitos.

Esta tarxeta ten unha validez ata o falecemento da súa persoa titular sempre que se manteña empadroado/a no concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberase entregar nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou extravío

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Internet

Teléfono

Documentos relacionados

  • Solicitude de perfil social ou renovación (189 KB)
  • Autorización para solicitar datos da AEAT (447 KB)
  • Autorización para solicitar datos da INSS e datos de identidade de persoas físicas (158 KB)
  • Autorización para solicitar datos de la INSS e datos de identidade de persoas físicas (155 KB)
  • Declaración xurada estado civil (57 KB)
  • Declaración Responsable _ Xubilado (415 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión