Permiso que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes no sector correspondente e na franxa horaria que ocupa a zona ORA.
A solicitude poderase presentar enviándolle un correo electrónico á empresa:
Prazo de solicitude:
Desde o 15 de decembro de 2024 ao 31 de xaneiro de 2025 (ambos inclusive)
As persoas que soliciten o permiso fóra de prazo acudirán ás oficinas habilitadas para o efecto da empresa concesionaria SETEX, na avda Fernández Latorre n.º11, ou a través de correo electrónico, residentes@coruna.setex.es, achegando a documentación necesaria. Para solicitude presencial, solicitar cita previa no teléfono 881 123 938.
RENOVACIÓNS:
A persoa que solicite a renovación do seu permiso de residente, e sempre que non modificase as condicións que lle dean dereito á mesma, deberá enviar por correo electrónico a residentes@coruna.setex.es a seguinte documentación, debidamente cumprimentada:
Unha vez recibida e comprobada dita documentación, o usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2025.
No caso, de que o usuario, non poida acceder por medios telemáticos, deberá presentar persoalmente, obtendo cita previa no teléfono 881 123 938, a documentación e, unha vez comprobada a mesma, procederase ao alta como usuario residente para o ano 2025.
NOVAS ALTAS:
A persoa que desexe solicitar por PRIMEIRA VEZ o seu permiso de residente deberá remitir por correo electrónico residentes@coruna.setex.es a seguinte documentación:
Unha vez recibida e comprobada a documentación, o usuario recibirá un correo electrónico informándolle do dereito ou non ao acceso ao devandito permiso. En caso afirmativo, o usuario deberá realizar o abono correspondente no número de conta ES23 0081 5363 2400 0114 9316 por importe 18,65€. No concepto deberá figurar, nome solicitante-matrícula-ano (exemplo: José Pérez-1234BBB-2024). Devandito xustificante será enviado por correo electrónico a residentes@coruna.setex.es .
Unha vez recibido e comprobado, o usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2025.
No caso, de que o usuario, non poida acceder por medios telemáticos, deberá presentar persoalmente a documentación, obtendo cita previa no teléfono 881 123 938 e, unha vez comprobada a mesma, confirmaráselle o dereito ou non ao devandita cartón. En caso afirmativo, deberá realizar o abono da taxa correspondente, en efectivo ou achegando xustificante de ingreso.
O distintivo de estacionamento de Uso de Residente está supeditado ao cumprimento dos requisitos que se mencionan a continuación e ao pagamento da taxa correspondente.
O período de vixencia da tarxeta terminará o 31 de decembro de cada ano.
A tarxeta de residente non terá validez nos espazos de Uso Xeral.
Só poderán adquirila as persoas físicas. Non existe un máximo de tarxetas por domicilio, nin por titular. Coa condición de que se cumpran os requisitos que se enumeran a continuación, pódense solicitar as que se desexen (unha por vehículo):
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible