VAD
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Urbanismo e infraestruturas, Obras e infraestruturas, Vías Públicas, Rehabilitación, Licenzas e aperturas
Si
Autorización para o acceso de vehículos a inmobles cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público.
Trátase dunha autorización anual, renovable anualmente, para o acceso de vehículos a parcelas
Autorización de vao
Cidadanía, empresas e profesionais, asociacións
Que o local ao que dá acceso o vao teña título urbanístico habilitante para o seu uso como garaxe.
Trátase dunha autorización suxeita a taxa, conforme á Ordenanza fiscal n.º 25, reguladora da taxa por entrada de vehículos desde a vía pública, e a Ordenanza fiscal n.º 1, reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
O pagamento das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pagamento deberá achegarse á solicitude.
A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio servizos económicos sito na rúa da Franxa 20-22 C.P. 15001 A Coruña, ou na seguinte ligazón que o levará á Sede Virtual do Contribuínte.
Tenente de Alcaldesa de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, por delegación da Xunta de Goberno Local
Normativas relacionadas
Sen prazo.
Impreso (cumprimentado como pdf o cumplimentado en liña), cos datos do local para o que se solicita vao.
Título urbanístico habilitante para uso como garaxe do local: licenza de funcionamiento de garaxe ou comunicación previa da actividade no caso de que se realice actividade no local, onde se observe a entrada e saída de vehículos e/ou garda de vehículos.
Plano acoutado e superficiado do local onde se observen as prazas de vehículos
Xustificante de aboamento das taxas correspondentes á Ordenanza fiscal n.º 25 como depósito previo, e a Ordenanza fiscal n.º1 de tramitación.
Acreditación da posesión do inmoble.
Horario laboral no caso de vao laboral.
NIF do interesado.
Representación no caso de actuar como representante.
Fotografía actual do acceso ao local para o que se solicita o vao.
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Se desexa obter a Carta de pagamento da taxa correspondente poderá obtela a través do seguinte vínculo na Sede Virtual do Contribuínte.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2162
Non se indica na Ordenanza. Na Lei de Patrimonio, as autorizacións teñen un prazo de 6 meses.
Resólvense nun prazo de 1-2 meses aproximadamente se se achega toda a documentación precisa e indicada anteriormente.
Contra a Resolución de concesión/denegación da instalación solicitada poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Desestimatorio
Dáse de alta ao interesado en censos de Xestión Tributaria para o xiro de recibos anuais.
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible