As empresas transportistas, cada ano ata o 31 de agosto, deberán estar en posesión da correspondente autorización con carácter previo ao inicio do curso escolar, co obxecto de realizar o transporte escolar dentro do termo municipal da Coruña.
As empresas de transporte deberán presentar a solicitude de licenza de transporte escolar, xunto coa seguinte documentación:
Os vehículos destinados a este transporte deberán presentar:
Relación de vehículos que se pretenden dedicar á prestación do servizo. Estes vehículos deberán estar debidamente homologados como correspondentes á clase M, con carácter principal ou suplente, e que cumpren os requisitos establecidos no Real decreto 443/2001, do 27 de abril.
Certificado expedido pola Delegación de Transportes da Xunta de Galicia no que conste que os vehículos -relacionando as matrículas- son idóneos para o transporte escolar. No suposto de non presentar este certificado, deberán presentar, respecto de cada vehículo, a seguinte documentación:
Contrato co centro escolar ou, de ser o caso, certificación expedida polo centro contratante.
Xustificante de pagamento da taxa municipal que, coa presentación da documentación no Rexistro Municipal, deberá aboarse segundo o previsto na Ordenanza fiscal número 13.
Para as empresas de transporte que presenten toda a documentación esixida, seranlles expedidas as correspondentes tarxetas de autorización. Para as demais, outorgarase un prazo de 10 días para a emenda de defectos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible