APC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar
Si
Axudas económicas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar social e autocoidado das persoas coidadoras
Mediante este procedemento convócanse e adxudícanse axudas económicas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar e o autocoidado das persoas coidadoras de persoas dependentes que teñan recoñecido un grao III de dependencia e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.
Axudas económicas persoas coidadoras convocatoria 2022
Dende o 01/07/2022 ata o 16/09/2022
Persoas coidadoras de persoas dependentes ás que se recoñeceu un grao III de dependencia, e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.
Empadroamento
Número de identificación
Obrigas tributarias e SS
Outros
Ningún
Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
Serán subvencionables os gastos realizados en 2022 que teñan a seguinte natureza:
Non se subvencionarán gastos incluídos neste apartado 2 nos que o destinatario sexa unha persoa distinta do/a coidadora, non podendo imputarse tampouco servizos de atención á persoa dependente.
Normativas relacionadas
Desde o 1 de xullo ata o 16 de setembro de 2022.
A) MODELO DE SOLICITUDE 132 debidamente cuberto e asinado.
B) ANEXO I autorización para a consulta de datos da persoa dependente.
C) Modelo normalizado de Solicitude "de alta ou modificación de datos en terceiros".
D) ANEXO II, soamente en caso de opoñerse á consulta de datos de DNI e empadroamento.
En fase de xustificación:
E) ANEXO III de xustificación da axuda.
Documentos relacionados
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma , desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1802
Tres meses, de acordo co apartado 12.7 da convocatoria.
Desestimatorio
A concesión ou denegación da axuda realizarase pola Concelleira Delegada da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, que se notificará á persoa interesada.
As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar máis documentación de xeito espontáneo, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na devandita solicitude cal é o expediente ou a solicitude realizada anteriormente.
RECURSOS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible