Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
É un cambio da persoa titular da licenza de apertura dun local de hostalería. Consiste na transmisión pola persoa titular dunha licenza a unha terceira interesada en continuar co exercicio da mesma actividade no local para o que se concedeu. Para iso, a licenza ten que estar vixente e a actividade exercéndose, e debe ser a mesma actividade e no local de que se trate a pretendida pola persoa adquirente.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Modelo de solicitude específico.
Autorización da anterior persoa titular. Nos casos de falecemento da persoa titular da actividade para a obtención da transmisión polos/as seus/súas herdeiros/as, bastará a copia da declaración de falecemento e declaración de herdeiros. Para aqueles supostos nos que a persoa dona do local, distinta da titular da actividade se se atopa ante un conflito de desafiuzamento, bastará a copia da sentenza e, de ser o caso, do lanzamento da/o arrendataria/o ou precarista. Se as persoas solicitantes constitúen unha sociedade civil ou comunidade de bens, farase constar o nome de todas as persoas socias ou comuneiras. Se a solicitante é unha persoa xurídica achegarase o documento acreditativo da persoa que a representa.
Copia da licenza de apertura ou funcionamento.
Alta en I.A.E. (ou declaración negativa, modelo 036).
Acreditar que non deixou de exercerse actividade no local por tempo superior a 6 meses para o que se presentará unha copia da baixa en Facenda da anterior persoa titular ou calquera outro medio de proba admisible no seu dereito.
Copia dun documento que acredite a dispoñibilidade do local (contrato de compravenda, arrendamento, herdanza).
Proxecto técnico de adecuación do local ás condicións esixidas no RAMINP (ou se é o caso xustificación de que houbo unha comprobación recente do cumprimento das condicións).
Certificado acústico do cumprimento das condicións da Ordenanza ambiental, e, en todo caso dos requisitos previstos polo Decreto 320/2002 do 7 de novembro, de protección contra a contaminación acústica, expedido por unha empresa homologada pola Xunta de Galicia.
Internet
Teléfono
Máis información:
A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible