O 27 de marzo, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, inaugurou o Centro Integral da Mobilidade, (CIMoB), xunto ao concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz Gallego.
A evolución das tecnoloxías, en especial a intelixencia artificial e o big-data permiten dar un salto cualitativo na xestión da mobilidade urbana. A dixitalización e automatización da regulación tense que completar cun potente sistema de puntos de medida que permitan obter un exhaustivo coñecemento da circulación e tráfico que facilite a toma de decisións en mobilidade.
No Centro Integral da Mobilidade (CIMoB) incorpóranse todas as ferramentas tecnolóxicas nunha única plataforma de xestión global que facilitará a toma de decisións en mobilidade, tanto en tempo real como de proxección futura, vinculándose ao nivel de emisións ambientais, está xestionado por especializados da Unidade de Tráfico e o Servizo de Mobilidade, coa colaboración técnica de ALUVISA, empresa de mantemento semafórico.
No CIMoB implementaranse os sistemas para a regulación semafórica, ITS en túneles, puntos de medida, estacionamentos indebidos que alteran a fluidez da circulación, zonas peonís, distribución urbana de mercadorías, paneis de información e zonas de baixas emisións.
Pódeche interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible