Concello da Coruña

Concello da Coruña

CIMoB

Centro Integral da Mobilidade

Durante a Semana Europea da Mobilidade unha das carpas estivo dedicada ao Centro Integral da Mobilidade.

O 27 de marzo, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, inaugurou o Centro Integral da Mobilidade (CIMoB).

No Centro Integral da Mobilidade (CIMoB) incorpóranse todas as ferramentas tecnolóxicas nunha única plataforma de xestión global que facilitará a toma de decisións en mobilidade, tanto en tempo real como de proxección futura, vinculándose ao nivel de emisións ambientais, está xestionado por persoal especializado da Unidade de Tráfico e o Servizo de Mobilidade, coa colaboración técnica de ALUVISA, empresa de mantemento semafórico.

O proxecto conta cun orzamento de 6 millóns de euros procedentes dos fondos Next Generation no que se inclúe a adquisición de novos dispositivos de control e seguimento do fluxo de tráfico, paneis de información cidadá e medidores de calidade do aire xunto con esta adaptación do centro integral de mobilidade. "Co novo sistema permitirase ter un maior coñecemento e unha maior precisión sobre o estado da mobilidade en tempo real sobre posibles incidencias ou conxestión do tráfico, co que se garantirá unha mellor seguridade viaria e se ofrecerán alternativas que acheguen unha maior fluidez á circulación".

Ademais, durante a celebración da Semana Europea da Mobilidade, o Centro Integral de Mobilidade (CIMoB) estará aberto a visitas a partir das 17.00 horas para que as persoas que o desexen poidan coñecer o seu funcionamento.

Está coordinado pola Policía Local e o Servizo de Mobilidade do Concello e sitúase na Estación de Autobuses da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión