Concello da Coruña

Concello da Coruña

Circuíto de habilidades da DXT

Móvete de forma segura

A cidade da Coruña está a cambiar a súa forma de moverse. A cidadanía de todas as idades descobre unha mobilidade saudable cos beneficios físicos que achega o exercicio.

A bici é un medio de transporte que se promove e se propaga por toda a cidade, por iso a DXT, en colaboración co Concello da Coruña estivo presente na Semana Europea da Mobilidade co seu circuíto de habilidades.

As e os máis pequenos e non tan pequenas/os gozaron da actividade, guiadas/os por unha persoa voluntaria que explicaba o funcionamento do dito circuíto e á súa vez informaba da importancia de ter unha disciplina viaria correcta, promovendo a seguridade no tránsito e mellorando as relacións e condutas viarias para así previr sinistros nas vías.

Non só estiveron presentes na inauguración da Semana Europea da Mobilidade senón que as persoas que non puideron participar desta actividade tiñan unha nova oportunidade no Día Sen Coche, no que a DXT novamente volveu ás rúas, co seu compromiso de lles ensinar a todas as persoas usuarias a importancia de ter unha disciplina viaria correcta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión