Concello da Coruña

Concello da Coruña

Circuíto Viario en San Andrés con Policía Local

Dentro do marco da celebración da Semana Europea da Mobilidade, participa a Policía Local da Coruña

Dentro da programación da Semana Europea da Mobilidade, a sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña, organizou unha actividade de libre acceso aos menores, un número aproximado de 50 nenos e nenas que participaron nesta ocasión, desde a 17.00 h ata as 20.00 h.

OBXECTIVOS:

  • Aprender o manexo da bicicleta nunha situación real na vía pública
  • Descubrir os sinais verticais e marcas viarias que afectan aos vehículos
  • Respectar o paso dos viandantes, semáforos...
  • Aprender desde a perspectiva da función policial: varios alumnos vestíronse con chalecos policiais e dirixiron o tráfico
  • Crear vínculos de confianza coa figura da policía local desde unha actividade lúdica e educativa

Para a realización desta actividade, utilizouse o corte previsto da rúa San Andrés, montouse o circuíto viario co material do remolque que nos presta o equipo de Educación Viaria da Policía Local de Narón.

Así mesmo, e debido á necesidade de atender as restricións impostas pola pandemia desde Sanidade, non se permitiu a ningún menor sen máscara participar no circuíto, e dado que non todos tiñan bicicletas ou patinetes, dispúxose dos ciclocars e patinetes do remolque que despois e antes de cada uso foron desinfectados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión