Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS MUNICIPAIS PARA O PAGAMENTO DE COMEDORES ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2023/2024.
- De conformidade coas competencias que atribúe aos concellos a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, así como a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, é obxecto desta convocatoria regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar ao alumnado empadroado no Concello da Coruña que acuda de maneira presencial ao mesmo.
- Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2023/2024, así como os períodos non lectivos de Nadal 2023 e verán do 2024.
- Para o goce das bolsas de comedor escolar será necesario en todo caso que a persoa beneficiaria teña asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal.
- Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda de institucións públicas ou privadas para a mesma finalidade salvo coa concedida polo Ministerio de Educación para os menores con necesidades educativas especiais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible