Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria 2024 de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025

Bases reguladoras da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025.

Ámbito:

Local

  • Publicación no BOP do día 16-04-2024
  • Inicio do prazo: 17/abril/2024

Data:

16 de abril de 2024

Fecha de publicación:

16 de abril de 2024

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS MUNICIPAIS PARA O PAGO DE COMEDORES ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2024/2024

  1. - De conformidade coas competencias que atribúe aos concellos a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, é obxecto desta convocatoria regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar ao alumnado empadroado no Concello da Coruña que acuda de maneira presencial a el.
  2. - Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2024/2025.
  3. - Para o goce das bolsas de comedor escolar será necesario en todo caso que a persoa beneficiaria teña asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal.
  4. - Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda de institucións públicas ou privadas para a mesma finalidade salvo coa concedida polo Ministerio de Educación para os/as menores con necesidades educativas especiais.

Documentos:

Convocatoria 2024 castelán (985 KB)

Convocatoria 2024 galego (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión