Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día da Bicicleta na Coruña

O Día da Bicicleta non podía faltar na celebración da Semana Europea da Mobilidade

O Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Galego, asistiu a esta celebración, gozando do despregamento de actividades que se realizaron na Praza de María Pita .

Un ano máis a festa da bicicleta na nosa cidade, foi todo un espectáculo. O domingo 18 de setembro a partir das 10:30h na Praza de María Pita, os que se achegaban ao evento, gozaron dunha gran xornada, co fin de fomentar a mobilidade urbana e o deporte en familia.

O percorrido ciclista tivo saída e chegada desde a propia praza, unha marcha deportiva, non competitiva, de ciclismo urbano, discorrendo no sentido da circulación, dispoñendo de dous percorridos, que en xeral a súa lonxitude é de 10,5 Km e outro para facilitar o gozar tanto dos máis maiores como para os máis peques da casa de 2,3 km.

Se en calquera momento algún participante necesita volver á orixe podía facelo apartándose ao carril bici e de forma segura dirixirse á saída complementando o paseo en bicicleta.

A praza de María Pita, encheuse doutras actividades deportivas como:

Clases de zumba, actividades deportivas, tiro con arco, baloncesto, badmintón, etc. Todo patrocinado por Decathlón que organizou esta celebración.

Ademais dun despregamento de pequenas carpas, para facer un sen fin de actividades.

Ata a celebración do Día da Bicicleta achegáronse a gozar deste evento a Fundación de Obra Social de Abanca, Pedalear & Conversar, Stop Accidentes etc.

Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".

O Día da Bicicleta realizarase o venres 18 de setembro desde a praza de María Pita e comezará ás 10.30 h.

Nesta ocasión contouse coa participación duns 543 participantes, que encheron a praza e as rúas da Coruña gozando da ruta ciclista.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión