Un ano máis A Coruña celebra na Semana Europea da Mobilidade o Día Sen Coche. Coma en anos anteriores o escenario escollido é a rúa de Santo André.
No 2021 implantouse o peche da rúa Santo André as fins de semana co que se favorece a mobilidade peonil e a dinamización do comercio. Ao principio o corte limitábase ao primeiro sábado de cada mes, logo levouse a cabo todas as semanas e decidiuse amplialo aos domingos.
Este ano volve estar aberto ao tráfico, e realiza o peche para celebrar o Día Sen Coches.
Cómpre destacar que a reforma de Santo André comezará durante o último trimestre deste ano, no que as vías recuperaran o valor de paseo arborizado que tiña no século XVIII.
Para a celebración contouse coas grandes colaboracións da man do Servizo Municipal de Deportes, que puido participar neste evento.
Santo André encheuse dunha infinidade de actividades variadas para o goce de todas as persoas que paseasen pola rúa.
Asociación de Montañeros independientes AMI, Athletic Coruña Hockey Club, Club de Atletismo de Riazor, Club de Basquet Coruña SAD, Club Deportivo As Bringas Roller Derby A Coruña, Club de Esgrima Coruña, Decathon, Escolas Deportivas Municipais, Fundación Abanca, Zumba, Gimnasio Estudo Garrapucho, Zalaeta 100Tolos, Mobi-liza, Stop Accidentes. Policía Local, DXT cun circuíto de habilidades e música para amenizar a xornada coa colaboración do IMCE.
A concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa puxo como exemplo que as actividades realizadas durante a tarde era un exemplo de cambio de modelo de cidade, un beneficio para recuperar o espazo público das persoas.
Pon o broche de ouro, o Friday Mobility Night especial Semana Europea da Mobilidade, edición Colorful.
Apostando por unha mobilidade activa cun transporte alcanzable para a participación social.
Unha marcha conxunta de bicicletas, patíns, patinetes, skates e todo tipo de vehículo de mobilidade persoal, marchando polas rúas da cidade.
Esta actividade enmárcase no Plan de Coruña Cidade 30, con 18 km que transcorren principalmente pola calzada.
Colaboración realizada por Galicia Rollers, na súa edición máis colorida para esta ocasión.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible