Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
En desenvolvemento dos plans xerais, plans parciais e especiais poderán redactarse estudos de detalle para bloques ou unidades urbanas equivalentes completas cos seguintes obxectivos:
Completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes.
Ordenar os volumes edificables.
Concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento.
A quen vai dirixido?:
Pódese iniciar o seu desenvolvemento pola iniciativa pública (Concello), ou particulares lexitimados para facelo (propietarios do solo que acrediten ter a representación do 50% dos dereitos correspondentes ao ámbito que se desenvolva, ou axente urbanizador autorizado pola Administración).
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Iniciarase o expediente mediante a presentación ante o Concello dunha solicitude de tramitación, e engadindo dous exemplares do documento.
Internet
Teléfono
Máis información:
Contra o acordo de aprobación definitiva unicamente poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contará dende a notificación do acordo ou dende a súa publicación no DOG.
A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible