Este ano a Friday Mobility Night, únese á Semana Europea da Mobilidade, cunha Ruta Branca, para encher as rúas da Coruña.
O Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Galego, asistiu a esta celebración, gozando desta marcha conxunta.
Na Semana Europea da Mobilidade, celebramos unha movidad activa, dando paso a un transporte alcanzable para a integración e participación social, loitando coa contaminación acústica e atmosférica, no que a transformación urbana pretende alcalzar un modelo máis inclusivo, vencer inercias individualistas do uso do coche particular na concepción do espazo público.
Para iso o Concello celebrou unha marcha conxunta polas rúas da cidade, ruta realizada polo Club de Galicia Rollers e coa participación de ACOUVMP, Decathlón, DXT, VanenBikke, fomentando o bo uso dos VMP como forma de mobilidade sustentable.
Ao ritmo da música de Lilicleta, os usuarios de Bicicletas, VMP, patíns, patinetes, skates e todo tipo de vehículos de mobilidade persoal, marcharon pola cidade.
O ritmo foi suave pero continuo , polo que foi absolutamente necesario que todos os participantes tivesen autonomía sobre os patíns, soubesen frear e fosen capaces de seguir o ritmo do grupo.
Lembra:
Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".
A marcha nocturna se realizaró o venres 16 de Setembro desde a praza de María Pita, con saída ás 21.30 h.
Nesta ocasión contouse coa participación duns 120 participantes, que encheron as rúas e gozaron desta ruta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible