Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inauguración da Semana Europea da Mobilidade

O Concello da Coruña sumouse un ano máis á iniciativa da Semana Europea da Mobilidade.

Esta campaña está destinada a sensibilizar a cidadanía e as clases dirixentes sobre as consecuencias negativas do uso indiscriminado dos vehículos de motor. En particular, o tema "Mobilidade sostible, saudable e segura" e o lema "Pola túa saúde, móvete de forma sostible" sitúan este ano o foco en aspectos da saúde física e mental da cidadanía que son absolutamente pertinentes no 2021, non en balde é o primeiro no que podemos albiscar un futuro que deixe atrás o episodio da pandemia da COVID-19.

A través dos medios que a continuación se describirán, o Concello mostrou á cidadanía as iniciativas infraestructurales, sociais e culturais desenvolvidas ou en marcha para favorecer un novo modo de entender os desprazamentos urbanos. O modelo coruñés contempla a orde xerárquica das cidades que camiñan priorizando os desprazamentos a pé, en bicicleta e en transporte público, nesta orde.

Exposición nas lonas do Obelisco

Na semana do 16 ao 22 de setembro o Concello traslada á cidadanía os logros alcanzados no último ano, durante toda a semana permaneceu a mostra aberta en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, no que se contaba cun despregamento de lonas ocupadas por:

  • Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade.
  • Policía Local.
  • Concellaría de Medio Ambiente e Sostibilidade.
  • Servizo de sinalización viaria.
  • Rede semafórica.
  • Compañía de Tranvías.
  • Servizo e actividades múltiples.

Ademais das lonas, podíanse atopar coa exposición da nova rede de servizo público de bicicletas eléctricas, espazo para actividades que precisaron gran amplitude (DXT, asociación de usuarios...), espazo de exposicións relacionadas coa SEM. En todos estes espazos as persoas responsables de cada exhibición dispuxeron os medios de mostra para mostrar aos/as visitantes os seus materiais.

O Concello destina á exhibición da Semana Europea da Mobilidade o lugar máis concorrido da cidade, o espazo máis céntrico de toda a urbe. Este lugar cada ano (e en particular no último) experimentou un extraordinario crecemento no terreo da mobilidade sustentable.

Trátase dun boulevard de gran amplitude para as persoas que camiñan ou circulan en bicicleta, para os que toman o bus e no que se dificultou o uso do vehículo a motor pola prioridade do resto dos usuarios da vía.

De feito, a poucas decenas de metros do espazo neurálxico e central da mostra da SEM a rúa Rúa Nova, é xa peonil, logo de anos de intenso tráfico motorizado, a rúa Real, conduce aos paseantes á praza do palacio consistorial e todo o espazo da fachada do porto interior é só accesible para os coches de servizo público ou con residencia ou garaxe na zona. Miles de veciños e veciñas camiñan cara aos seus traballos por esta ruta e moitos cidadáns e cidadás pasean por esta zona de recreo e esparexemento, sendo unha zona de gran afluencia turística.

No acto de apertura, os medios cobren as palabras das primeiras autoridades da cidade, encabezadas pola Alcaldesa e o Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, acompañados de representantes dos partidos municipais da oposición, que tamén acoden ao acto.

A alcaldesa mostrou a súa satisfacción "por avanzar significativamente no último ano na nosa aposta por un cambio de modelo de cidade" e dixo que o goberno municipal xa investiu "7,5 millóns de euros en 35 accións que aumentan o espazo urbano para as persoas" dentro do Programa Coruña Camiña, avanzou na mellora da mobilidade ciclista coa promoción de Cidade 30, a ampliación dos carrís bici existentes e a mellora da rede BiciCoruña aumentando o número de estacións e bicicletas.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, sinalou que, o modelo de cidade que queremos debe construírse xunto coas políticas públicas, as políticas municipais e as orientacións que nos está dando a Unión Europea a través da dotación de fondos destinados á reconstrución á mobilidade. Villoslada reclamou a progresión da mellora da calidade do aire e a procura de mellores cotas de seguridade viaria para lograr o obxectivo de cero accidentes. Neste sentido, dixo que, os esforzos por implementar a Cidade 30 na Coruña, novas redes transitables e espazos públicos peonís ou semipeoniis e a mellora das redes de bicicletas contribúen a desenvolver políticas para construír unha cidade máis amigable, saudable e segura".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión