Un ano máis A Coruña únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade
A alcaldesa, Inés Rey, liderou a viaxe inaugural nesta Semana Europea da Mobilidade co vehículo de transporte de pasaxeiros eléctrico e autónomo.
A alcaldesa estivo acompañada por Francisco Dinís Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade.
Unha vez finalizada a viaxe achegáronse ás instalacións do Obelisco da Mobilidade.
Este ano componse de 6 carpas, repartidas por diferentes servizos municipais como:
Servizo Municipal de Mobilidade
Servizo Municipal de Medio Ambiente
Policía Local
E empresas como a Xestión Semafórica, o CTAG, a Compañía de Tranvías e Bici-Coruña.
Tamén consta dunha carpa dedicada a actividades varias que terán lugar ao longo da semana, con colaboracións como as da DXT, a Asociación Coruñesa de Usuarios de VMP, Galicia Rollers, o Grupo de Accesibilidade da Coruña, Mobi-Liza, a ONCE, ou Stop Accidentes, entre outras.
Con todo este despregamento de medios, non podían faltar os pasacalles animando varios puntos das rúas da Coruña e as dúas ortofotos da cidade, que tanto interese esperta entre a xente que pasea pola zona.
A alcaldesa na súa visita lembrou que a finais do mandato serán 50.000 m2 gañados para a cidadanía a través de actuacións en todos os barrios, actuacións como a da rúa Ramón Cabanillas que forma parte da Rolda Peonil que percorrerá 3.5 km conectando diferentes zonas da cidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible