Concello da Coruña

Concello da Coruña

A mobilidade activa

Con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, BiciCoruña súmase un ano máis a este evento.

BiciCoruña únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade, presentando as súas bicis eléctricas, que percorrerán a nosa cidade.

O Concello da Coruña avanza coa mellora da mobilidade ciclista, o impulso de CoruñaToda 30, as ampliacións dos carrís bici existente e a mellora da rede de Bici-Coruña, incrementando o número de estacións e bicicletas, e que antes de final de ano introduciranse as novas bicis eléctricas para o goce de todos.

Bici-Coruña amplía a súa frota coa incorporación das súas novas bicis, as súas 55 estacións de aparcadoiro e un parque de 514, das que 172 serán eléctricas.

O sistema actual de préstamo de bicicleta pública do Concello da Coruña, BICICORUÑA, está composto por 23 estacións aparcabicis, distribuídas ao longo da cidade, cun total de 356 postos de ancoraxe.

En concreto, esta actuación céntrase na subministración de:

  • Un mínimo de 514 bicicletas, das que un mínimo de 172 serán eléctricas e o resto serán convencionais, mecánicas.
  • Un mínimo de 990 postos de ancoraxe, con base de carga en polo menos o 50% dos mesmos, repartidos nun mínimo de 55 estacións (capacidade mínima de 15 ancoraxes/estación)
  • Sistemas TIC e software de xestión que permita o funcionamento da subministración.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión