En que consiste?:
Trátase de actos administrativos de natureza regrada que habilitan a quen os solicita e obtén para a implantación da actividade que se proxecte.
No caso de que a tal fín necesítese a execución de obras no inmoble, a licenza de obras solicitarase ao mesmo tempo que a de actividade e resolveranse nun único acto administrativo. Achegarase o proxecto correspondente, se fose o caso, e sempre se achegará un cadro de superficies, con indicación de usos.
Na tramitación terá prioridade a licenza de actividade de tal modo que se non procedese a súa autorización non se entrará a resolver a de obras e así se lle comunicará ao solicitante. Xa que esta última non ten outra función que a da implantación da actividade que non sería autorizable.
Son actividades clasificadas as sinaladas no nomeclator do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP), tales como: industriais, hostalería (CÍBER incluídos), concorrencia pública (parques infantís, cinemas, teatros, etc.) talleres, garaxes ou gasolineiras, carnicerías e pescaderías, clínicas médicas, veterinarias, tendas de animais, almacenaxe de materiais perigosos, barberías con solarium, etc.