Concello da Coruña

Concello da Coruña

Marcha escolar a San Leopoldo

A Alcaldesa, Inés Rey, participou na marcha escolar a pé ata a rúa San Leopoldo, no marco da Semana Europea da Mobilidade.

A Alcaldesa estivo acompañada polo Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Gallego, que esperaban aos alumnos do colexio CEIP Sagrada Familia.

Á súa chegada á rúa, atopáronse con diferentes xogos pintados no firme para os nenos e nenas, unha petición veciñal que o Goberno Inés Rey de incorporou ao proxecto de reurbanización da rúa, peonalizada desde o nadal do 2020.

É un exemplo máis dunha política de mobilidade, que busca espazos amables para a cidadanía.

A rúa San Leopoldo foi obxecto dun proxecto piloto de peonalización acordado cos veciños e comerciantes da zona.

Debido ao seu éxito, realizouse unha remodelación completa da vía, que pasou a ser unha plataforma única, con zonas verdes no seu parte central, ademais dos xogos na beirarrúa.

Un espazo perfecto onde poden convivir tanto os pequenos da casa como os maiores, unha contorna tranquila dun dos barrios pioneiros na peonalización.

As diferentes xeracións de coruñeses vanse concienciando da necesidade de adoptar novos hábitos para moverse por unha cidade que camiña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión