Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mariscal Pardo de Cela

A rúa Mariscal Pardo de Cela forma parte da Rolda Peonil que vai desde o Parque de Oza, ao Parque do Observatorio.

As actuacións a desenvolver concrétanse nas obras de trazo do carril bici, definición das zonas peonís, mellora dos firmes e dos servizos municipais.

Esta mellora de accesibilidade peonil e para a bici procura incrementar o espazo público destinado aos peóns e ciclistas, e acondicionar as vías existentes para mellorar a seguridade.

Tanto Mariscal Pardo de Cela como Ramón Cabanillas, son proxectos enmarcados dentro da Estratexia Eidus Coruña, que está financiada cun 80%, dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa operativo plurirexional de España (POPE) 2014-2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión