Concello da Coruña

Concello da Coruña

Medidas Permanentes Implementadas en 2021

Un ano máis, A Coruña fai balance das medidas permanentes implantadas realizadas no que vai de ano.

"Coruña toda 30"

É unha das medidas máis destacadas, o 11 de Maio de 2021, entrou en vigor a segunda parte do RD 970/2020, que modifica a Normativa de Tráfico, e establécese que a velocidade xeral das rúas da cidade reducirase de 50 a 30 km / h.

Ademais das vías 30 incluídas na normativa da DXT na Coruña realizáronse 14 km máis como carrís 30 naquelas vías con límite 50 km/h e que teñen dous carrís por sentido. Para lograr que todas as vías da cidade teñan polo menos un carril por sentido con limitación 30 km/h, quedando por sinalizar 11 km que se realizarán no próximo 2022.

Baixo o lema:

"A menos Velocidade máis Cidade"

Rolda Peonil

A quinta rolda peonil é un proxecto municipal do Plan Coruña Camiña, que a través de 3.5 km percorre a cidade de leste a oeste conectando peonilmente os barrios máis populosos.

Cada ano vanse implementando novos tramos.

No 2021 peonalizouse a rúa Mariscal Pardo de Cela que inclúe unha superficie de 1.500 m² recuperado para a mobilidade peonil e ciclista.

Aprobouse tamén o proxecto de humanización e peonalización do 2º tramo de rúa Alcalde Marchesi, que se une ao do primeiro tramo realizado no 2020.

Ademais dos tramos da Rolda Peonil durante 2021 procedeuse á peonalización das rúas San Leopoldo e rúa Compostela.

Contornas Escolares Seguros

Dentro do programa Municipal de Contornas Escolares Seguras, nos que participa Stop Accidentes a través do proxecto ANCAS, durante o 2021 mellorouse a seguridade dos escolares na contorna dos colexios.

Renovar percorridos peonís en centros como:

  • CEIP Emilia Pardo Bazán
  • Fernández Latorre
  • Sal Lence
  • Zalaeta
  • Anxo da Garda

No que o obxectivo principal é a accesibilidade e visibilidade nos pasos de peóns, nos cruzamentos, anchos das beirarrúas e entrada aos centros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión