No marco da celebración da Semana Europea da Mobilidade, participa Stop Accidentes en colaboración coa Fundación Mulleres e a Asociación Provincial de Amas de Casa da Coruña
Dentro da programación da Semana Europea da Mobilidade, Stop Accidentes en colaboración coa Fundación Mulleres e a Asociación Provincial de Amas de Casa da Coruña, realiza unha acción informativa de prevención nos desprazamentos peonís.
Os maiores son unha colectivo clave nas políticas de mobilidade cidadá, varias son as razóns. Por unha banda, pola súa idade, son un referente de autoridade para os mozos e mozas, singularmente nun momento no que a dinámica social propiciou que moitos avós e avoas deban ocuparse dos seus netos e da súa educación no respecto ás normas, as viarias incluídas. Por outra banda, en ocasións, a súa diminuída mobilidade failles máis vulnerables.
A través dun taller participativo na praza de Lugo perséguese sensibilizar ás persoas maiores sobre os problemas máis frecuentes que lles afectan na súa contorna habitual. Desvelar os comportamentos de riscos co obxectivo de promover un cambio de hábitos en materia de seguridade viaria e xerar comportamentos seguros e condutas responsables para previr riscos en accidentes para protexer a este colectivo e contribuír á súa mobilidade e autonomía garantindo unha mellor calidade de vida.
Distribuiranse aos/as peóns/as uns consellos de mobilidade activa baseados no principio de prudencia e de respecto ás normas e premiaranse as boas condutas da cidadanía.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible