Un ano máis o Obelisco da Mobilidade é o escenario elixido para a celebración da Semana Europea da Mobilidade.
Este ano componse de 6 carpas, repartidas con diferentes servizos municipais como: Servizo Municipal de Mobilidade, Servizo Municipal de Medio Ambiente e Policía Local.
E empresas como: Gestión Semafórica, Compañía de Tranvías e Bici-Coruña.
Tamén consta dunha carpa dedicada a actividades varias que terán lugar ao longo da semana, con colaboracións como os da DXT, Galicia Rollers, Grumico, Mobi-Liza e Stop Accidentes, entre outras.
Con todo este despregamento de medios, non podían faltar os pasarrúas animando varios puntos das rúas da Coruña e as dúas ortofotos da cidade, que tanto interese espertan entre quen pasea pola zona.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible