O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, visita a exposición de Stop Accidentes situada no Centro Cívico do Castrillón
Dentro do marco da programación da Semana Europea da Mobilidade, Stop Accidentes realiza unha exposición ata o 30 de setembro no Centro Cívico de Castrillón "Peón non atraveses a túa vida".
Esta exposición recolle unha reportaxe fotográfica dos cambios acometidos nas rúas da nosa cidade desde o 2003 ata o día de hoxe, en que presentamos a finalizacion do "Proxecto de melloras de seguridade e accesibilidade en itinerarios escolares - 2017/2021" executado pola Concellaría de Mobilidade do Concello da Coruña.
Un compromiso que nace desde a nosa condición de cidadáns e cidadás e vítimas de tráfico, fundamentándose no dereito á vida. Avoga pola seguridade viaria entendida como unha responsabilidade colectiva ante a que ninguén pode inhibir.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible