Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plataformas e carrís de priorización para o transporte colectivo

Actuación 3_ Dentro das distintas actuacións estratéxicas para a transformación da mobilidade urbana no Concello da Coruña no ano 2020 exponse a viabilidade da implantación dunha plataforma reservada na rúa Juan Flórez co obxectivo de potenciar o transporte público en autobús urbano mediante o incremento das súas frecuencias, velocidade comercial e cobertura en determinados eixos da rede.

A actuación proporciona solucións construtivas para a implantación dunha plataforma reservada para o transporte público en autobús urbano nas rúas Juan Flórez, Betanzos e Francisco Mariño da Coruña, para mellorar o tránsito de varias liñas de bus urbano nesas rúas. As análises demostraron a conveniencia da implantación: mellora de operatividade das liñas (tempo e cobertura), servizo máis eficiente e sostible.

Na Coruña, o bus urbano rexistra máis de 20.000.000 de usos anuais (datos de 2022), dos cales, estímanse 7.000.000 de usos nas liñas de bus que pasan pola área afectada pola actuación. Unha vez realizadas as obras, estímase que ademais de toda a poboación da cidade, beneficiarase de forma directa ou ben, indirecta, tamén un 20 % dos habitantes da área metropolitana.

O obxecto desta actuación é mellorar o funcionamento da rede de bus urbano da cidade (frecuencias, velocidade comercial e cobertura). Ademais, a reorganización desas rúas e as actuacións complementarias de urbanización levan:

  • aumento de espazos peonís
  • mellora da urbanización das rúas
  • mellora da drenaxe de pluviais con nova rede separativa
  • reorganización de sistemas de regulación e control de tráfico
  • incremento de espazos verdes e árbores
  • mellora de medio ambiente e paisaxe urbana
  • mellora da calidade do aire e ruído nunha zona co 51 % de poboación afectada por niveis por riba de 55dB(A) pola noite e cun nivel de conflito acústico próximo aos 10 dB(A) en fachada. Igualmente, incluída en zona de potencial conflito por mala calidade do aire, provocada polas elevadas intensidades medias diarias dun tráfico de vehículo privado que se verán substancialmente reducidas.

Características:

Plataforma reservada lateral por Juan Flórez, en contradirección en dirección norte (entrada cidade), mediante eliminación da banda de aparcadoiro existente na marxe dereita no seu percorrido desde avda. Alfonso Molina ata a praza de Pontevedra. O seu trazado comeza na praza Antonio Tenreiro, prosegue ao longo de Juan Flórez ata a súa intersección coa rúa Betanzos; alí localizaríase a parada de cabeceira/final de liña, e suprimiríase o tráfico rodado nesa rúa. A continuidade cara a praza de Pontevedra (liñas que o requiran) ou o comezo de percorrido realizaríase por Francisco Mariño, virando cara á rúa Juan Flórez ou cara a praza de Pontevedra.

Vehículos autorizados:

Buses urbanos, metropolitanos, taxis e servizos de emerxencia. Uso limitado para residentes en acceso a garaxes. Nas interseccións máis complexas prevese considerar a prioridade do transporte público en bus, mediante sinalización horizontal e vertical.

A plataforma reservada obxecto desta actuación terá como consecuencia engadir unha serie de valores de humanización, aumento de espazos peonís e de mellora do medio ambiente e a paisaxe urbana nas rúas Juan Flórez, Betanzos e Francisco Mariño.

Por tanto, as principais necesidades a satisfacer serán:

- Implantación dunha plataforma reservada para o transporte público nas rúas Juan Flórez, Betanzos e Francisco Mariño.

- Aumento dos espazos peonís no ámbito urbano consolidado.

- Mellora da urbanización das rúas Juan Flórez, Betanzos e Francisco Mariño.

- Mellora da drenaxe de pluviais no ámbito mediante unha nova rede separativa.

- Reorganización dos sistemas de regulación e control do tráfico nas rúas Juan Flórez, Betanzos e Francisco Mariño.

- Incremento dos espazos verdes e árbores nas rúas Juan Flórez, Betanzos e Francisco Mariño.

- Mellora do medio ambiente e a paisaxe urbana.

As razóns para seleccionar esta tipoloxía son as seguintes:

  • limitación de espazo en calzada
  • configuración en plataformas a distinto nivel da rúa Juan Flórez no seu tramo sueste
  • continuidade dos percorridos das liñas de bus actuais/previstas sen xerar grandes desvíos que penalicen tempos de viaxe ou intervalos de paso
  • reorganización da rede de buses
  • elevada intensidade de tráfico na rúa Juan Flórez
  • efecto disuasivo da ocupación da plataforma reservada en contradirección
  • efectos positivos sobre rúas próximas, con descarga de circulación de buses e posibilidade de intensificar políticas de pacificación de tráfico.

Execución: 12 meses.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión