Apostando un ano máis por reforzar a seguridade viaria na Coruña, a Policía Local mostra materiais e ferramentas orientativas a tres vértices.
Por unha banda o vértice da prevención, un material utilizado en actividades escolares en educación infantil tales como os semáforos activados mediante un mando a distancia ou luminosos empregados en controis policiais. Ambos os elementos axudan a explicar o funcionamento dos ciclos semafóricos e a recoñecer os policiais.
Outra ferramenta foron as lentes de simulación de alcoholemia, dirixidas a comprender o funcionamento do sistema motor e cognitivo desde o punto de vista dun condutor de calquera vehículo.
Outro dos vértices que se mostraron foi o da vixilancia, no que as bandas reductoras de velocidade xogan un papel moi importante, utilizada en controis policiais.
Reducir a velocidade en previsión dun control policial do mesmo xeito en que se reduce ao percibir lombos ou bandas elevadas ou resaltos na calzada.
Outro elemento foi o dron de vixilancia, para optimizar recursos e mellorar a eficacia na visualización do tráfico ou de eventos con grandes concentracións de persoas como os concertos ou eventos como a noite de San Xoán.
Como exemplo da aplicación do dron móstranse vídeos dunha manda de xabarís escoltados por patrullas da Policía Local para despois ensinar unha imaxe técnica da mesma manda no seu lugar de orixe, deste xeito explícase a aplicación, as posibilidades e tamén as súas posibilidades en cuestións ambientais.
Contouse con cámaras control car, cámaras de lectura de matrículas adheridas no teito do vehículo policial para proporcionar información detallada de vehículos e condutores mediante escaneado da placa de matrículas dos vehículos próximos ao coche patrulla. Explícanse exemplos como as alertas por vehículos que figuran subtraídos ou aquelas referidas á carencia de seguro ou ás inspeccións técnicas desfavorables resaltando a importancia de ambas as cousas.
O último vértice e non menos importante que os anteriores é o da disciplina do tráfico. Etilómetros, tanto o de mostraxe como o evidencial, explícase o proceso de comprobación da inxesta de alcol nun control simulado. Sométese a varias persoas voluntarias para realizar unha simulación. Isto serve para lembrar a normativa en materia de alcoholemia, as taxas, a obriga para someterse por parte das persoas condutoras e a extensión da norma a condutores/as de bicicletas e patíns.
Desenvólvese o labor do equipo de Atestados así como o uso do etilómetro evidencial en materia de delitos contra a seguridade viaria, inserindo datos de accidentabilidade e campañas de control de alcol e drogas obtidas da memoria da Policía Local do ano 2022.
Entre outros elementos a Policía presenta o Drog Test ou Drogotest, é unha máquina de detención de drogas e explícase a prohibición de conducir calquera vehículo coa presenza de drogas no organismo. Detállase como se realiza por parte dos axentes unha proba de drogas así como o tipo de sustancia que pode detectar a máquina. Destacar a importancia dunha correcta cadea de custodia das probas así como do convenio con laboratorio de toxicoloxía, resaltando as garantías da proba e o traballo metódico da Policía Local.
Na carpa tamén contaban co cinemómetro portátil. Lémbrase que os radares foron, xunto co dron, as ferramentas máis rechamantes e propiciaron o maior número de preguntas por parte da cidadanía, o que deu pé a avaliar o concepto de velocidade de cada un deles. Preguntábanselles por onde vivían e a problemática da velocidade na cidade. Informouse durante toda a semana sobre os novos radares fixos implantados na cidade e sobre o establecemento dos radares móbiles nos diferentes puntos, sempre dando unha especial incidencia de accidentes neses puntos.
Sobre todos os aspectos utilizáronse exemplos que se publicaron na prensa, coa presenza de "roll-ups" do persoal da Policía Local como fondo da charla.
Cómpre destacar que na Semana Europea da Mobilidade contabilizáronse aproximadamente un 80% de persoas adultas, máis 20% de escolares que se achegaron a ver a exposición, do CEIP Sal Lence e CEIP Wenceslao Fernández Flórez.
Participaron das charlas na carpa un 60% de persoas adultas e un 40% de menores.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible