O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, nas dependencias da Concellaría de Mobilidade presenta a exposición dos novos vehículos eléctricos.
O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presentou oito novos vehículos eléctricos que pasarán a formar parte da frota móbil do Concello co obxectivo de reducir as emisións de carbono.
A presentación enmárcase no programa da Semana de Mobilidade, que está a desenvolver o Concello co fin de promover a mobilidade sostible, saudable e segura.
Villoslada destacou a importancia de que o Concello "sexa un exemplo a seguir polo resto da cidade", e anunciou a intención do Goberno de dispoñer o próximo ano de máis vehículos e instalar máis redes de recarga pública de coches eléctricos. Ademais da nova frota de coches eléctricos, o Concello tamén instalou na estación unha rede de recarga rápida; unha iniciativa que forma parte do compromiso do Goberno co coidado do medio ambiente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible