Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do Semáforo restaurado na Estación de Autobuses

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e a Concelleira de Benestar Social, Yoya Neira con motivo da Semana Europea da Mobilidade presentaron nas dependencias da Concellaría de Mobilidade, o semáforo restaurado pintado coas cores LGTBI

Na Estación de Autobuses inaugurouse o semáforo pintado coas cores LGTBI que a Concellaría de Mobilidade restaurou co obxectivo de visibilizar o colectivo e os seus dereitos.

O Goberno local está a utilizar estas cores no mobiliario urbano como unha maneira simbólica de mostrarlle o seu apoio ao colectivo.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou a iniciativa, e confía en que "sexa a primeira actuación de moitas máis", a importancia dos símbolos "nun momento en que a comunidade LGTBI está a ser maltratada por parte de sectores moi reaccionarios, mais que están aí".

Novos coches eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presentou oito novos vehículos eléctricos que pasarán a formar parte da frota móbil do Concello co obxectivo de reducir as emisións de carbono.

A presentación enmárcase no programa da Semana de Mobilidade, que está a desenvolver o Concello co fin de promover a mobilidade sostible, saudable e segura.

Villoslada destacou a importancia de que o Concello "sexa un exemplo para seguir polo resto da cidade", e anunciou a intención do Goberno de dispoñer o próximo ano de máis vehículos e instalar máis redes de recarga pública de coches eléctricos. Ademais da nova frota de coches eléctricos, o Concello tamén instalou na estación unha rede de recarga rápida; unha iniciativa que forma parte do compromiso do Goberno co coidado do medio ambiente.

De visita pola Sala de Pantallas de Control de Tráfico

Aproveitando a marcha escolar pola Rolda Peonil, o alumnado do CEIP Anxo dá Garda, achegáronse ata as dependencias da Concellería de Mobilidade, onde o Concelleiro Juan Díaz Villoslada, acompañábaos.

Non só puideron gozar do paseo, senón tamén de ser testemuñas da inauguración do semáforo restaurado da estación, así como, da presentación dos novos coches eléctricos que mobilidade presentou ese día.

Para terminar a súa estancia na Concellería, mostráronlle a Sala de Control de Tráfico situada nas dependencias, onde miraban con curiosidade todas as instalacións que se atopaban nela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión