Concello da Coruña

Concello da Coruña

REPU

Repartición de publicidade

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Comercio, Medio ambiente

Vixente:

Si

A repartición de calquera clase de publicidade na vía pública, así como a repartición de publicidade domiciliaria, sexa cal for o soporte (panfletos, folletos, envases de produtos e similares) está suxeita a autorización municipal.

Repartición de publicidade

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

A autorización poderá ser solicitada pola empresa distribuidora ou directamente polo propio anunciante, se é el mesmo o que realizará a distribución.

Requisitos:

Será requisito previo para a obtención da autorización estar ao corrente nas obrigacións fiscais municipais (o que se comprobará de oficio polo Concello) e non ser sancionado por sancións derivadas da Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria da Coruña no último ano.

Prezo / Custo:

  • Ordenanza fiscal nº 12 (taxa por licenza de actividades ambulantes) .
    • Artigo 6.D: 19,74 euros por persoa de repartición e día ou fracción
  • Ordenanza fiscal nº1 (taxa por expedición de documentos):
    • Artigo 6.1.7. Cota variable segundo a contía que resulte de calcular a taxa da ordenanza fiscal 12:
      • Ata 30,05 euros de dereitos 5,45 euros.
      • De 30,06 a 60,10 euros de dereitos 10,95 euros.
      • De 60,11 a 150,25 euros de dereitos 21,90 euros.
      • De 150,26 a 300,51 euros de dereitos 54,74 euros.
      • Máis de 300,51 euros de dereitos, cada 30,05 euros ou fracción de exceso 0,77 euros.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sustentabilidade

Máis información:

  • Denegaranse aquelas solicitudes que conteñan anuncios contrarios á Constitución, a lexislación vixente, as ordenanzas municipais ou que induzan ao incumprimento de calquera norma. Así mesmo, poderá denegarse a solicitude por razóns de interese público debidamente motivadas.
  • A repartición de publicidade en vía pública ou domiciliaria sen a correspondente autorización será considerada falta grave, e poderá ser sancionada con multa de ata 1.500 euros.
  • Non é repartición de publicidade a colocación ou o pegado de calquera tipo de carteis, pancartas ou adhesivos en papeleiras, colectores de residuos, suxeicións destes, sinais, farois, marquesiñas ou calquera outro elemento de mobiliario urbano.
  • Todo o material que se distribúa ha de conter en lugar visible a identificación da empresa anunciante e, no seu caso, da distribuidora.
  • Os elementos obxecto de distribución deben incluír unha mensaxe en que se lle indique ao receptor a conveniencia de non tiralos á vía pública, depositándolles preferentemente nos colectores de papel e, na súa falta, en papeleiras próximas.
  • O Concello pode supeditar a autorización á constitución de fianza en metálico ou aval bancario pola contía previsible dos servizos subsidiarios de limpeza e xestión de residuos. Se o custo dos devanditos servizos fose superior á fianza esixida, o titular da actividade deberá abonar a diferenza.

Presentación

Prazo de presentación:

A solicitude ha de presentarse cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data prevista para a repartición, ao obxecto de que se poida tramitar o correspondente procedemento.

Documentación necesaria:

  • Solicitude Xeral: Nome da empresa distribuidora e anunciante e persoa física que as representa.CIF da empresa,dirección, teléfono e mail da empresa e os seus representantes. Cantidade de elementos a distribuír, as zonas, días e horarios en que se vai a efectuar a repartición. Número de persoas que realizará a distribución. Modo en que se realizará a repartición e instalacións que, no seu caso, serán necesarias.
  • Anuncio ou reprodución domesmo : O anuncio ou reprodución do mesmo.
  • Xustificante: Xustificante de abonar as taxas previstas nas ordenanzas fiscais 1 e 12.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=282

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión