Concello da Coruña

Concello da Coruña

Saímos en bicicleta coa Policía Local

Dentro do marco da celebración da Semana Europea da Mobilidade, participa a Policía Local da Coruña

Dentro da programación da Semana Europea da Mobilidade, a sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña, organizou unha saída en bicicleta cun percorrido desde o centro escolar ata a exposición da Semana Europea da Mobilidade, nos Cantóns.

Participou o Centro Escolar CEIP Aneja de Prácticas, alumnado de 5º de Educación Primaria.

OBXECTIVOS:

  • Comprender que finalidade ten a SEM
  • Razoar o motivo polo que se sumaron a esta efeméride
  • Concienciar acerca da necesidade e as vantaxes de desprazarse en bicicleta como medio de transporte sostible
  • Aprender a circular pola cidade en bicicleta acompañados pola Policía Local
  • Aprender a normativa da bicicleta: uso do casco, sinalización cos brazos...
  • Descubrir as vantaxes físicas e psicolóxicas da mobilidade en bicicleta nos alumnos.
  • Crear vínculos de confianza coa figura da policía local desde unha actividade lúdica e educativa

A semana previa organizouse a disposición de bicicletas para todo o alumnado, a aqueles que non dispoñían de bicicleta facilitóuselles unha de Policía Local e de BiciCoruña.

1º Saída en bicicleta primeiro traxecto Colexio- Cantóns

Ás 09.45h iniciábase a saída co alumnado para o que se montou un dispositivo policial con 2 motoristas, 1 vehículo patrulla, 1 ciclista e Protección Civil. Co seguinte percorrido:

  • Paseo de Rolda
  • Av. De San Roque de Fóra
  • Paseo Marítimo Pedro Barrié de la Maza
  • Rúa Alta
  • Rúa Nova
  • Cantóns

Naquelas rúas que son direccións contrarias, cortouse o tráfico para garantir a seguridade dos menores.

2º Visita á exposición da SEM nos Cantóns.

Ás 10.45h, chegados aos Cantóns, deixáronse as bicicletas nun apartado con valos preparados previamente.

O alumnado realizou varias actividades relacionadas coa SEM, visita ás distintas exposicións e mesmo demostracións de como se sinaliza a cidade, para finalmente acabar realizando xogos que favorecen a integración das persoas con diversidade funcional, dirixidos pola Asociación Grumico.

Circuíto Viario

Desde as 12.15h ás 13.15h.

De novo subíronse nas bicicletas para circular ata a rúa Compostela, onde se montou previamente un Circuíto Viario coa colaboración da Policía Local de Narón que nos presta o seu remolque.

Regreso ao centro educativo

Ás 13.15h subíronse de novo ás bicicletas, e co mesmo dispositivo policial iniciouse o camiño de retorno ao escolar co seguinte percorrido:

  • Compostela
  • Juana de Veiga
  • Praza de Pontevedra
  • Modesta Goicouría
  • Paseo Marítimo Pedro Barrié da Maza
  • Av. De San Roque de Fóra
  • Paseo de Rolda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión