No marco da Semana Europea da Mobilidade, Stop Accidentes únese á celebración con diversas actividades.
STOP Accidentes é unha organización cidadá sen ánimo de lucro, fundada por familiares e amizades de vítimas de sinistros de tráfico.
Son actores da sociedade civil co compromiso de poñer en marcha procesos que melloren a convivencia e o respecto á vida das demais persoas na mobilidade.
A tarefa diaria céntrase na mellora continua dos seus programas, o traballo en equipo e a innovación, que fai que a meta 0 vítimas sexa o horizonte.
Unha das primeiras actividades realizadas por Stop Accidentes nesta Semana Europea da Mobilidade foi unha exposición realizada na Estación de Autobuses da Coruña.
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, asistiu á exposición, de "PEÓN, NON ATRAVESES A TÚA VIDA" acompañado por Victoria Gómez, xefa provinvial de Tráfico da Coruña e José Ángel Corral comandante da Garda Civil de Tráfico, entre outras autoridades.
Esta exposición busca promover na cidadanía un espazo de reflexión sobre a mobilidade peonil no ámbito urbano e interurbano. Expóñense os 15 traballos que resultaron finalistas e gañadores no ámbito nacional no concurso realizado en 2020.
Durante toda a semana estiveron activamente participando en diferentes eventos programados para a Semana Europea da Mobilidade
O concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz, non quixo perder o percorrido en bicicleta que realizou o alumnado do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, baixo o lema "Outra mobilidade é posible e divertida".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible