Distintivo que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes no sector que figure na tarxeta e na franxa horaria que ocupa a zona ORA.
A solicitude poderase presentar enviándolle un correo electrónico á empresa:
Prazo de solicitude:
Desde o 15 de decembro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024 (ambos inclusive). Fóra do devandito prazo, con carácter excepcional, soamente se poderán solicitar tarxetas para novos vehículos, por cambio de domicilio ou outras causas debidamente xustificadas.
As persoas que soliciten a tarxeta fóra de prazo, tamén acudirán ás oficinas habilitadas para o efecto da empresa concesionaria SETEX, na avda. de Fernández Latorre núm. 11, ou a través do correo electrónico residentes@coruna.setex.es, achegarán a documentación necesaria, e xustificarán documentalmente a solicitude fóra de prazo. Para a solicitude presencial, cómpre solicitar a cita previa no teléfono 881 123 938.
O distintivo de estacionamento de Uso de Residente está supeditado ao cumprimento dos requisitos que se mencionan a continuación e ao pago da taxa correspondente.
O período de vixencia da tarxeta terminará o 31 de decembro de cada ano.
A tarxeta de residente non terá validez nos espazos de Uso Xeral.
Soamente a poderán adquirir as persoas físicas. Non existe un máximo de tarxetas por domicilio, nin por titular. Coa condición de que se cumpran os requisitos que se enumeran a continuación, pódense solicitar as que se desexen (unha por vehículo):
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible