Concello da Coruña

Concello da Coruña

Velocine

Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, Mobi-liza realiza un ciclo de cinema coa bicicleta como protagonista principal, Velocine.

Velocine é un ciclo de cinema sobre a bicicleta.

Este documental narra a viaxe por África que realizaron Isa e Carmelo.

No verán de 2015, Isabel Segura e Carmelo López embarcáronse nunha aventura que levaban planeando desde facía tempo.

Durante máis de dous anos, percorreron África proxectando películas, utilizando un sistema que se manexaba pedaleando que lles permitía organizar sesións de películas naquelas vilas as que chegaban.

Partindo de Madrid, atravesaron África de norte a sur para chegar a Madagascar, tras percorrer máis de 18.000 quilómetros e realizar máis de 200 proxeccións en centros culturais, sedes de ONG, hospitais e vilas onde a súa chegada foi un gran acontecemento.

Este evento realizouse ás 21.30 h no taller social de Reciclos, no que participaron 35 persoas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión