Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visita á Sala de Control de Tráfico da Coruña

O 04.05.2022 a Sala de Control do Tráfico recibiu unha visita de escolares dentro do programa do Servizo Municipal de Medio Ambiente.

Escolares do colexio IES Rafael Puga Ramón, de 3º da ESO, achegáronse ás dependencias do Servizo Municipal de Mobilidade, á Sala do Control do Tráfico da Coruña. Esta visita está relacionada cos programas educativos municipais, en concreto o de Mobilidade "Sostible"; no que é un punto moi relevante para o Medio Ambiente, por axentes como a contaminación atmosférica e ruídos.

Unha nova mobilidade está a abrirse camiño en todas as cidades do mundo e na nosa cidade non é unha excepción: carrís bici, zonas 30, peonalizacións, superior ocupación dos peóns en zonas de tránsito compartido, rúas a un só nivel etc.

Desde a Sala de Control do Tráfico contrólase a rede semafórica da cidade, visiónsase a circulación das vías principais e moitas das secundarias, tómanse decisións de xestión do tráfico rodado tanto puntuais e concretas (en tempo real). Renovarase pronto, coa incorporación dunha gran pantalla que eliminará todos os monitores, contando con tres divisións fundamentais:

  • A dos monitores e os axentes de policía en directo.
  • Unha sala contigua, na que unha concesionaria fai tarefas complementarias ao traballo dos axentes de policía.
  • E por último, unha sala de reunións a modo de Gabinete "de Crise", desde onde abordar calquera episodio grave e concreto sen que sexa necesario abandonar a zona xeral do visionado das cámaras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión