Concello da Coruña

Concello da Coruña

Licenzas de taxi

En que consiste?:

Solicitar licenzas de Auto Taxi. Poderán solicitar estas licenzas as persoas condutoras asalariadas dos titulares das licenzas da clase "A ,"(outorgadas polo concello), as que presten o servizo en praza, as que teñan exclusiva dedicación na profesión, (acreditada mediante a posesión e vixencia do permiso municipal de conducir), as que estean dadas de alta como persoas condutoras asalariadas na Seguridade Social, as persoas condutoras asalariadas e que estean imposibilitadas para conducir, por motivos de incapacidade física ou enfermidade, así como as que se atopen en situación involuntaria de desemprego.

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas que teñan interese en solicitar licenzas de Auto Taxi.

Teléfono:

981 189860

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Acordado o outorgamento de licenzas da clase "A (auto" taxis) publicarase a convocatoria, a través de anuncios no BOP e diarios locais, indicando o número de prazas, requisitos, criterios de adxudicación, documentos que deben achegarse, prazo de presentación de solicitudes e demais requisitos.
  • Cubrir un modelo oficial de solicitude.
  • Unha vez terminado o prazo de presentación de solicitudes o concello publicará a lista de solicitantes no BOP, para que as persoas interesadas poidan alegar o que estimen procedente no prazo de 15 días.
  • Transcorrido este prazo, resolverase a concesión das licenzas.

Internet

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión