Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitei un orzamento pola reparación dunha lavadora, paréceme caro, polo que non o acepto, pero queren cobrarme por iso, que podo facer?

Todo usuario ou quen actúe no seu nome ten dereito a un orzamento previo escrito. Este orzamento terá unha validez mínima de trinta días dende a data de comunicación ao usuario.

De todos os xeitos debe saber que o usuario quedará obrigado a satisfacer ao SAT o importe da elaboración do orzamento só cando, téndoo solicitado non fose aceptado. Neste caso, como importe do devandito orzamento, poderán esixirse, como máximo,

  • Para pequenos aparellos de uso doméstico e outros non contemplados nos grupos seguintes, quince minutos do valor do tempo de traballo.
  • Para liña branca e similar: trinta minutos do valor do tempo de traballo.
  • Para liña marrón e electrónica: sesenta minutos do valor do tempo de traballo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión