Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de verán 2024

Escuela de verano 2024

Escola de verán 2024

QUÉ É A ESCOLA DE VERÁN?

Actividades lúdicas e didácticas arredor do consumo responsable que se desenvolven para nenas e nenos de 4 a 10 anos, no mes de xullo, en horario de mañá.

TÉMATICA DE CADA QUENDA

  • Primeira quenda. Consumo e novas tecnoloxías. Do 1 ao 15 de xullo

Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxías.

  • Segunda quenda. Consumo e alimentación saudable. Do 16 ao 31 de xullo

Coñecer a importancia da compra de proximidade para manter unha alimentación sa e equilibrada. Sensibilizar na creación de hábitos de alimentación positivos e saudables fomentando o comercio de cercanía.

PERSOAS DESTINATARIAS

Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, nacidos entre 01.01.2014 e o 31.12.2020, e dispoñeranse en dúas quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:

  • Grupo 1 nenos/as de 4 a 6 anos (Grupo A)
  • Grupo 2 nenos/as de 7 a 10 anos (Grupo B)

 A asignación a cada un dos grupos de idade corresponderá exclusivamente á organización e farase en función dos anos da/o participante no momento do inicio do campamento.

HORARIOS DE ACTIVIDADES

De luns a venres das 09.00 ás 14.00 horas

Por motivos de conciliación as nenas e nenos participantes poderán chegar ao campamento dende as 08.15 da mañá e poderán permanecer ata as 14.45 h.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Centro Municipal de Emprego. Estrada dos Fortes ao Monte de San Pedro, s/n. 15011 A Coruña

PREINSCRICIÓN

Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio na web coruna.gal/campamentos2024

Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados na páxina de preinscrición non serán tramitadas.

As listas de preinscritas/os faranse públicas o 31 de maio.

Poden consultar as listaxes de preinscricións aquí:

www.coruna.gal/campamentos2024

Do 31 de maio ao 3 de xuño poderanse efectuar reclamacións en canto ás listas de preinscritas/os.

SORTEO PÚBLICO

As prazas adxudicaranse por sorteo, que se realizará o día 5 de xuño nas instalacións da OMIC. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante. O sorteo será público e consistirá na extracción dun número, para cada unha das quendas, que fixará a orde de preferencia para ocupar as prazas.

O 11 de xuño publicarase a lista de nenas e nenos admitidos en cada quenda, nas webs municipais e no 010. Se a/o solicitante non está na lista de admitidas/os, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algunha das/dos menores admitidas/os fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais.

Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.

INSCRICIÓN

A inscrición definitiva será do 11 ao 17 de xuño exclusivamente a través da páxina web municipal:

https://www.coruna.gal/omic/gl/escola-de-veran/formulario-para-inscricions-na-escola-de-veran

Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado, a praza quedará libre.

REQUISITOS XERAIS

  •  As nenas e nenos solicitantes deben estar empadroados/as no Concello da Coruña e ter entre 4 e 10 anos de idade, nados/as entre o 2014 e o 2020.
  • A asignación a cada un dos grupos de idade farase en función dos anos da/o participante no momento do inicio do campamento.
  • Só admitirase unha persoa participante por quenda e só poderá acceder ao outra quenda se quedasen prazas vacantes previa inscrición.
  • Terán preferencia para a obtención de praza os e as menores empadroados na cidade da Coruña cuxos proxenitores/as ou titores/as teñan que traballar durante a quincena na que solicitan os campamentos. A Unidade de Consumo poderá requirirlles a documentación acreditativa.
  • Se por calquera circunstancia a persoa rexistrada non pode acudir, deberá comunicar a baixa por escrito dous días antes do inicio da quenda para que poida dispoñer da praza outro/a menor.
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, se quedasen prazas libres, o servizo poderá chamar á seguinte persoa da lista de espera asignada por correo ata que se cubran todas as prazas.
  • Contactarase directamente coas persoas da lista de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas. De non conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da lista de espera    No caso de irmás ou irmáns para os que se soliciten prazas no mesmo quenda, se realizado o sorteo resultase o corte nunha ou un deles, ampliarase o número de prazas para incluír a todas/volas irmás/os solicitantes.
  • Ao tratarse dunha actividade de carácter gratuíto e cunha alta demanda, dúas faltas inxustificadas supoñerán a baixa inmediata da persoa participante nas actividades.
  • O horario de inicio das actividades é ás 9:00 h e o de final ás 14:00 h, pero poderase solicitar horario ampliado coa posibilidade de que as persoas participantes poidan acceder ás instalacións a partir das 08:15 h e permanecer ata as 14:45 h.
  • É obrigatorio respectar os horarios para evitar interromper o normal desenvolvemento das actividades. Aconséllase estar na entrada polo menos cinco minutos antes do horario de inicio.
  •   As nenas e nenos participantes só poderán ser recollidos das instalacións, única e exclusivamente, polas persoas autorizadas na inscrición que deberán identificarse mediante documentación. E deberán ter cumprida a maioría de idade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión