O Espazo de Iniciativas Xuvenís da Concellaría de Participación e Innovación Democrática está diseñado para que a xuventude teña espazos axeitados en que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas desde e para as mozas e mozos cos recursos necesarios.
O equipamento conta dúas salas de usos múltiples a modo de espazos comúns, abertos, dinámicos e polivalentes dotados con WI-FI e dous puntos de consulta en internet así como dun taboleiro de información xuvenil. Ademais, conta con mobiliario móbil e multiusos o que reforza a idea de espazo polivalente proporcionando cabida a unha tipoloxía variada de propostas.
OBXECTIVOS DO ESPAZO DE INICIATIVAS XUVENÍS
O obxectivo principal do EIX e proporcionar un espazo no que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas de carácter xuvenil. Deste obxectivo xeral e das características do equipamento podemos extraer os obxectivos específicos que seguen:
A QUEN ESTÁ DIRIXIDO ESTE ESPAZO
Este servizo gratuíto vai prioritariamente dirixido, en condicións de igualdade, a xente moza de entre 12 a 30 anos a título individual, colectivos non formais, asociacións xuvenís ou asociacións e entidades que presten servizos ou actividades dirixidas á mocidade, e que cumpran os criterios establecidos na instrucción para a cesión do espazo.
Enténdese por grupo ou colectivo informal un número indefinido de persoas con intereses, obxectivos ou fins comúns que se reúnen para levar a cabo unha práctica cultural, deportiva, artística ou similar, poñer en común ideas, realizar proxectos, etc. A diferenza cunha asociación é que non están formalmente constituídos o que supón unhas características específicas a efectos legais.
UBICACIÓN
O EIX está situado na rúa Matadero, nº 68. CP 15002 A Coruña
INFORMACIÓN DE CONTACTO
Concellaría de Participación e Innovación Democrática
Departamento de Xuventude
xuventude@coruna.es
Tel. 981.184.200 Ext. 12046 / 12024
SOLICITUDES PARA A CESIÓN DO EIX
A solicitude de cesión do EIX, poderá ser presentada por todas aquelas persoas que a título individual ou en representación dun colectivo ou asociación xuvenil, precisen dun espazo para desenvolver as súas propostas ou iniciativas, formalizando a súa petición por escrito cun mínimo de quince días de antelación. Deberá ser empregado para tal fin o formulario de solicitude que se atopa nesta páxina web.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible