Proceso participativo para mellorar as rúas de Monte Alto
O Camiño do Vixía é unha proposta para a mellora da habitabilidade e uso dos espazos públicos do barrio de Monte Alto, impulsada polo Concello da Coruña.
A proposta alíñase coas políticas e plans que entenden os espazos libres e a rede viaria (rúas, prazas e parques) como o lugar por excelencia para o encontro e a convivencia. Son focos da integración social e do cumprimento de dereitos; tamén son os espazos que definen a calidade de vida dunha cidade no correspondente á súa dimensión colectiva.
Así, a proposta do Camiño do Vixía consiste nun programa de intervencións de mellora dos espazos públicos, que para multiplicar os seus beneficios deben vertebrar a contorna e vertebrarse entre elas.
Velaí que o xeito de encadear as intervencións adopte forma de percorrido. O común nel é que os peóns, a mobilidade branda e a estancia, adoptan un maior protagonismo (diferente segundo as condicións de cada treito) fronte á actual primacía do restante tráfico rodado.
Para a elaboración da proposta e a definición do percorrido tivéronse en conta os documentos técnicos dos plans existentes que interveñen sobre o ámbito do barrio:
Como paso seguinte no proceso de afondamento no deseño, convócase un proceso participativo aberto á veciñanza e ao que foi invitado o tecido asociativo do barrio. O proceso desenvolveuse entre novembro de 2016 e febreiro de 2017, en diferentes sesións, que metodoloxicamente partiron da detección e o enunciado de problemas e conflitos dende múltiples perspectivas, para logo explorar as ferramentas de deseño urbano que facilitan as solucións.
Complementariamente á participación da veciñanza na súa diversidade, mantivéronse unha serie de encontros sectoriais entre maio e xuño de 2017, coa finalidade de recoller as opinións e suxestións de diferentes colectivos que teñen na mobilidade polas rúas de Monte Alto o seu lugar de traballo. Os encontros consistiron nunha serie de entrevistas en profundidade, agrupadas en tres sesións en función do tipo de actividade: o sector do taxi (a través das dúas asociacións presentes na cidade); o do autobús (representado polo transporte escolar e o urbano, por condutores e xestores de liñas); así como o amplo abano da distribución de bens (mudanzas, paquetería, hostalaría e mensaxería, nos seus diferentes medios de transporte).
>> INFORMES SOBRE O PROCESO "CAMIÑO DO VIXÍA" (acceso á información).
.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible