Campamentos de verán para mozas e mozos de 12 a 17 anos
Mozas e mozos de 12 a 17 anos, empadroados na Coruña
Xuvenil, Para público en xeral
Dende o 06/07/2020 ata o 31/07/2020
Xa rematou
03/06/2020
100 (50 en cada quenda)
Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación
Servizo municipal de Mocidade
xuventude@coruna.es
Unha vez realizado o sorteo para os campamentos de verán para a Mocidade, realizado nas dependencias do Servizo Municipal de Participación, situado na r/ Castiñeiras, 23, os números resultantes do sorteo de cada un dos turnos
Turno 1
Nº resultante do sorteo: 75
Turno 2
Nº resultante do sorteo: 64
Seguindo coas datas marcadas no procedemento:
9 de xuño de 2020: Publicación das listas con praza adxudicada
Do 10 ao 12 de xuño 2020: confirmación de praza
As persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviando un correo electrónico a xuventude@coruna.es No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 13 de xuño a praza será adxudicada á seguinte persoa da listaxe de agarda
A partir do 13 de xuño: chamadas as listas de espera no caso de vacantes
-------------------------
INFORMACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DA COVID-19
O Concello da Coruña seguirá en todo momento as directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, e outras autoridades competentes en materia sanitaria, en relación coa realización de actividades de ocio educativo xuvenil nas diferentes fases de desescalada e volta á normalidade, en función da evolución xeral e territorial da COVID-19.
Para este fin implementará, en todas as actividades de ocio xuvenil, estratexias e protocolos de actuación así como condicións de participación nas actividades.
As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal, a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.
INFORMACIÓN RELATIVA Á REALIZACIÓN DO CAMPAMENTO SEGUNDO A SITUACIÓN DA COVID-19
A realización do campamento urbano xuvenil do Concello da Coruña queda supeditada á evolución da crise sanitaria provocada pola COVID-19. No caso de emitir as autoridades sanitarias competentes información contraria á súa realización, este quedaría suspendido.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible