Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontros para familias: "Os gardiáns da rede". Para formar e concienciar a familias en educación dixital

Novo encontro deseñado para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.

A quen vai dirixido?:

Para familias en compaña dos seus fillos/as de entre 7 e 12 anos.

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

21/11/2024

Inscricións:

Dende o 14/11/2024 ata o 21/11/2024

Horario:

de 18.30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Número de prazas:

8

Contacto:

brosales@coruna.gal

Tel.: 981 184 389

"Os gardiáns da rede", é un cómic de Edelvives e a Policía Nacional escrito e ilustrado por Santy Gutiérrez. Encádrase non Plan Director da Policía Nacional para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas. A través desta publicación convidámosvos, ás familias e aos menores, a falar sobre os novos riscos da sociedade dixital e como actuar ante eles.

Só os nenos e nenas necesitan inscrición.

Agardámosvos!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión