Primeiro encontro deseñado para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.
Para familias con crianzas de 0 a 6 anos
Infantil, Familias
23/10/2024
Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024
das 18.30 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
12
Tel.: 981 184 389
As pantallas están a cobrar cada vez un maior protagonismo dentro das nosas casas. Pero, cales poden ser as consecuencias disto en idade temperá? As e os profesionais déixannolo claro, antes dos dous anos, cero pantallas. E despois é necesario formarse, buscar información e atender ás recomendacións que fai o persoal experto.
Contaremos con Santiago Rey, experto universitario no "Seguimento de delitos tecnolóxicos" e informático forense e Leticia Martínez Couce, psicóloga e educadora emocional.
Agardámosvos!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible