Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escape Room: Os misterios da biblioteca

Que misterios agocha a biblioteca? Ven resolvelo a través do traballo en equipo e do voso enxeño.

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas de 8 a 12 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

26/11/2024

Inscricións:

Dende o 19/11/2024 ata o 26/11/2024

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 19.30 horas

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Número de prazas:

20

Requisitos:

Require inscrición 

Contacto:

O martes 26 de novembro ás 18.00 h temos escape room na Biblioteca Sagrada Familia con inscrición previa para nenos e nenas de 8 a 12 anos.

A nosa biblioteca agocha unha serie de misterios que deberedes resolver. Por equipos teredes que superar unha serie de probas, descifrar enigmas, utilizando a cooperación, a comunicación activa e o enxeño para conseguir un obxectivo común. Seredes capaces de superalo en 60 minutos?

Trátase dunha actividade moi divertida e que lles permite resolver problemas a través do traballo en equipo. De aquí levaranse unha aprendizaxe moi importante para o seu futuro, poñendo en valor a importancia da biblioteca e da lectura.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión