QUE SON?
Son espazos socioeducativos nos que se realizan actividades dirixidas tanto á poboación infantil como ás unidades familiares de referencia e nas que se favorece o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo do/da menor a través do xogo e do xoguete.
As actividades que se realizan nestes espazos cos e coas menores organízanse da seguinte maneira: xogo de libre acceso; actividades de animación sociocultural etc. Non se realiza apoio escolar, nin actividades relacionadas co reforzo educativo ou a aprendizaxe de técnicas de estudo.
Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade, ben con carácter específico ou ben de modo transversal.
Unidades familiares con necesidades de conciliación e que teñan menores entre os 4 e 12 anos ou que estean a cursar 4º de Educación Infantil.
Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación
1. Xerais:
2. En períodos vacacionais:
LOCALIZACIÓN E HORARIOS
Localízanse nos centros cívicos de:
ESPAZOS | PERÍODO LECTIVO | PERÍODOS NON LECTIVOS |
Centro Cívico Monte Alto |
15:00 a 20:30 h |
* |
Centro Cívico Mesoiro |
16:30 a 20:30 h SÁBADOS 10:30 a 13:30 h |
* |
*En períodos non lectivos, funcionan como Espazos de Atención á Infancia.
Nota: para os efectos da aplicación dos horarios, consideraranse períodos lectivos e non lectivos os que estableza a Xunta de Galicia no calendario escolar de cada curso para o nivel de educación infantil e primaria na respectiva orde da Consellería responsable de Educación da Xunta de Galicia. Considerásense períodos non lectivos os das vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán do calendario escolar. Tamén se consideran días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas pola mesma consellería.
HORAS DE USO
PERÍODO LECTIVO
Con carácter xeral, cada menor fará uso das ludotecas coeducativas ata un máximo de 40 horas totais ao mes, coa finalidade pedagóxica de fomentar, na medida do posible, un tempo compartido entre as persoas responsables do/da menor e os seus fillos/as. En todo caso, as circunstancias persoais e familiares das distintas unidades familiares serán valoradas polo equipo do Servizo Municipal de Canguraxe.
PERÍODO NON LECTIVO
Non existe un número máximo de horas.
RESERVA DE PRAZA
PERÍODO LECTIVO
PERÍODO NON LECTIVO
ASIGNACIÓN DE PRAZA
PERÍODO LECTIVO
PERÍODO NON LECTIVO
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible