PRINCIPIOS REGULADORES DO SERVIZO DE CANGURAXE
- Flexibilidade e multifuncionalidade: segundo o caso ou a necesidade, a unidade familiar accederá a unhas ou a outras modalidades e tamén en momentos e/ou horarios distintos.
- Benestar do/da menor: velarase en todo momento polo seu benestar.
- Servizo personalizado: cada intervención realizarase de modo personalizado, isto é, despois da entrevista inicial coa unidade familiar, tratando en todo caso de responder ás súas necesidades.
- Coeducación: o enfoque educativo sempre será o da igualdade, evitando a transmisión e reprodución de estereotipos de xénero.
MODALIDADES
MOTIVOS DE SOLICITUDE
Modalidade de Espazos de Atención á Infancia
- Período lectivo:
- Motivos laborais
- Participación en cursos de formación para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral
- Realización de entrevistas de traballo
- Situacións puntuais de emerxencia familiar
- Acudir a citas de ámbito xudicial, psicolóxico, social, sanitario, educativo ou actividades de participación social.
Estas casuísticas serán prioritarias e deberán ser debidamente acreditadas.
- Período non lectivo:
- Motivos laborais
- Outras motivacións segundo a valoración técnica realizada polo persoal municipal conforme ás necesidades da cidadanía.
No caso de quedar prazas vacantes tamén se poderá acceder por motivos de conciliación persoal coa finalidade de promover a plena participación social.
Modalidade de Ludotecas Coeducativas
- Período lectivo:
- Motivacións de carácter persoal, co fin de promover a plena participación social e goce do tempo de lecer das familias e menores.
- Período non lectivo:
- Motivos laborais
- Outras motivacións segundo a valoración técnica realizada polo persoal municipal conforme ás necesidades da cidadanía.
Modalidade de Atención á Infancia a Domicilio
- Exclusivamente por motivos laborais
OBRIGAS DAS PERSOAS USUARIAS
- Xerais:
- Facilitar, comunicar e manter actualizados os datos persoais e profesionais necesarios para a prestación de calquera das modalidades do servizo.
- Asinar as autorizacións e conformidades que sexan necesarias para o coidado e benestar do/da menor.
- Responsabilizarse da entrega e recollida dos/das menores nos horarios establecidos para cada unha das modalidades do servizo. As persoas responsables do/da menor que non os entregasen ou recollesen nos horarios establecidos serán apercibidas. En caso de reiteración, e tras os apercibimentos, poderán causar baixa no servizo. Así mesmo, responsabilizaranse destes deberes naquelas situacións que por motivos de saúde, indisposición ou malestar, sexa necesario recollelos/as antes da hora prevista.
- Específicas por modalidade:
- Modalidade de Espazos de Atención á Infancia:
- Período lectivo:
- Realizar a reserva de praza para usar un espazo de atención á infancia específico a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), xustificando a razón do seu uso.
- Comunicar, a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), a anulación de reserva de praza como mínimo 24 horas antes do seu uso.
- Período non lectivo:
- Realizar a inscrición vacacional correspondente solicitando praza, dentro dos prazos establecidos para o efecto que serán comunicados a través da web municipal, servizo 010, teléfono do Servizo de Canguros municipal ou a través dos puntos informativos de cada un dos Espazos de Atención á Infancia.
- Comunicar a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), a anulación de reserva dos períodos ou días asignados como mínimo 2 días antes do seu uso, salvo causas xustificadas. O feito de non realizar a comunicación será motivo de anulación de todos os períodos ou días asignados, que lles serán reasignados a unidades familiares en situación de listas de espera.
- Modalidade de Ludotecas Coeducativas:
- Período lectivo:
- Realizar reserva de praza para usar un espazo de atención á infancia específico a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), xustificando a razón do seu uso.
- Comunicar, a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), a anulación de reserva de praza como mínimo 24 horas antes do seu uso.
- Período non lectivo:
- En períodos vacacionais, as Ludotecas Coeducativas reconvértense en Espazos de Atención á Infancia.
- Modalidade de Atención á Infancia a Domicilio
- Realizar parte de servizo individualizado. Para iso, contactarase telefonicamente co persoal técnico municipal que xestiona o Servizo de Canguros.
- Comunicar as anulacións de días e/ou horarios solicitados no parte de servizo cun mínimo de 2 días de antelación, chamando ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos). O feito de non comunicalas nese prazo, supoñerá computar as horas como se o servizo se realizase, descontándose do total de horas anuais correspondentes á unidade familiar.
- Para os traslados de menores, será preciso que no lugar de inicio e finalización do servizo unha persoa responsable, maior de idade, asine o documento de entrega/recollida do/da menor. Esa persoa estará identificada na autorización asinada e comunicada previamente ao Servizo de Canguros municipal polas persoas que ostenten a representación legal do/da menor. Non se poderá usar esta modalidade do servizo se no momento da recollida e/ou entrega non hai unha persoa que se faga cargo do/da menor.
- Para aqueles servizos que impliquen usar o transporte público, deberase dispoñer dunha tarxeta para o uso do autobús urbano. Non se admitirá que as/os menores porten diñeiro en efectivo.