Rúa Andrés Gaos 6, 2º. 15010 A Coruña
Esta é a dirección da oficina de atención na Coruña. A sede social está en Cambre: Estrada Peirao 1.
G70137732
Charlas e cursos para mulleres en situación de malos tratos e ás súas fillas e fillos menores
Asesoría xurídica a mulleres en situación de malos tratos
Asesoría psicolóxica
Acompañamento
Na Asociación Española pola Igualdade de xénero "Genus Aequalitatem" loitamos pola igualdade de xénero e combatemos as violencias machistas desde o ano 2007. O noso obxectivo é o apoderamento da muller. Atendemos a mulleres vítimas de malos tratos e ás súas fillas e fillos co obxectivo de que logren a autosuficiencia. Realizamos diversas accións para isto e todas son gratuítas.
Na Asociación Española pola Igualdade de xénero "Genus Aequalitatem" loitamos pola igualdade de xénero e combatemos as violencias machistas desde o ano 2007. O noso obxectivo é o apoderamento da muller. Con tal fin organizamos charlas e cursos para darlles ferramentas ás mulleres en situación de malos tratos e aos seus fillos menores, para ser autosuficientes. Tamén lles ofrecemos asesoría: xurídica, psicolóxica, acompañamento se o necesitan, gratuitamente.
A nosa asociación iniciou a súa andaina no ano 2007 nos municipios de Cambre e A Coruña. Un grupo de mulleres e homes preocupados pola situación das mulleres maltratadas crea a asociación. Todas e todos colaboramos altruistamente, co fin de sensibilizar á sociedade sobre o problema da violencia de xénero e loitar para erradicar esta problema que causa tanto sufrimento e tantos asasinatos de mulleres.
Os nosos valores céntranse no principio de igualdade entre mulleres e homes. Desde esta igualdade que cremos e defendemos, loitamos contra as violencias machistas e traballamos polo apoderamento das mulleres, polo seu dereito ao traballo, o seu dereito para desenvolverse e formarse como persoas co fin de ser independentes e autónomas. Queremos axudar ás mulleres para ser mulleres libres, mulleres orgullosas da súa condición feminina.
Na nosa páxina web recollemos as memorias de actividades realizadas. Son actividades que personalizamos en cada muller atendida polo noso persoal técnico voluntario. Sempre ofrecemos unha atención personalizada.
Concellos nos que axudamos ás mulleres que sofren malos tratos:
A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Laracha, Oleiros, Sada etc.
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN:
Verónica Santos (Vicepresidenta)
Manuela Carricoba (Secretaria-Tesoureira)
PRESIDENTE: Luís Suárez.
Mulleres
Datos no rexistro REMAC
Número de rexistro: 232
Data de alta: 23 de setembro de 2008
Data actualización: 2 de setembro de 2020
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible